A política de Copcisa establece como directriz da súa actuación empresarial a busca constante da calidade en todas as súas obras e servizos. Hoxe en día, a calidade converteuse nun signo de identidade da empresa.
Copcisa opera co Sistema de Calidade certificado coa norma ISO 9001:2000. Ademais, a empresa dispón dun Manual de Calidade no que se inclúen os procedementos organizativos necesarios para asegurar a calidade das actuacións e servizos que se levan a cabo.
Cada ano impártese formación en materia de calidade a todos os técnicos que se incorporan a Copcisa. Trátase de transmitir dende o primeiro momento os criterios e os obxectivos de excelencia que Copcisa persegue en todas as súas realizacións. |