logo

 

castellano   català english  
 
A produción en 2009 alcanzou os 338 millones de euros
Distribución da carteira por tipoloxía de cliente en 2009 Distribución da producción por tipoloxía de obra en 2009
 
 

As cifras de 2009 mostran a solidez e a confianza que os clientes seguen depositando en Copcisa ano tras ano. De entre as contratacións máis significativas en 2009 destacan a estrada N-337 de acceso sur ao Porto de Gandía (Valencia), a protección acústica da Liña de Alta Velocidade no tramo La Roca-Riudellots (Barcelona) ou a rede de distribución do sistema Segarra-Garrigues en Lleida.

En edificación, destacan tamén obras como o Centro de Deseño de Barcelona, a ampliación de varios pavillóns do recinto Fira de Barcelona, a urbanización La Rinconada (Sevilla), a estación de AVE en Requena-Utiel (Valencia) ou a nova sede da biblioteca pública do estado en Badaxoz.

A produción alcanzou os 338 M€. Entre enxeñaría civil e edificación leváronse a cabo un total de 117 obras repartidas por toda a xeografía española.

A carteira de obra a finais de 2009 sitúase nos 625 M€ e con un reparto certamente positivo nas actuais circunstancias. En construción, o 67% da carteira corresponde a obra civil, o 2% corresponde a servizos e o 31% restante corresponde a obras de edificación, sendo case na súa totalidade obras de equipamentos (non residencial).

Esta mesma carteira repártese case a partes iguais entre a Administración Central (35%), a Autonómica (31%) e os Clientes Privados (27%), quedando o resto para as Administracións Locais (7%). Trátase dunha carteira moi equilibrada na que diminuíu a obra de vivendas compensándose amplamente cun grande incremento de obras de edificación de carácter non residencial.

 
@2009 Copcisa S.A. Todos os dereitos reservados